Skip to main content

Do orixinal á réplica

20 de setembro - 11:00h Do orixinal á réplica Nova convocatoria dun obradoiro para adultos

Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum de Castrolandín achega algunhas técnicas para facer a réplica dunha peza orixinal do Castro de Viladonga.

Terá lugar o sábado día 20, de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h

As inscricións pódense facer por teléfono no 982870160, e terán prioridade as persoas que nunca fixeran este obradoiro.