Skip to main content

Gaela quere ser druída

16 de maio - 16:00h Gaela quere ser druída Celebración do Día Internacional dos Museos cun espectáculo de títeres a cargo de Trécola Teatro

Gaela de Breana anda pensativa e silenciosa. O druida da aldea de Altair logra que a nena lle conte a súa preocupación: Ela tamén quere ser druida!

Unha obra orixinal da compañía que nun formato sinxelo e con marionetas de fío e varillas mergúllenos na cultura castrexa, os seus contos e lendas, ao tempo que fomenta valores coma a igualdade, o coidado medioambiental e a autoestima, que nos axuda a superar os nosos propios retos.

Actividade pensada para todas as nenas e nenos dos colexios da contorna, e conmemorar cunha programación especial o Día Internacional dos Museos