Skip to main content

Agrupación Folklórica Aturuxo. ACTUACIÓN MUSICAL E BAILE

18 de maio - 12:00h Agrupación Folklórica Aturuxo. ACTUACIÓN MUSICAL E BAILE Conmemoración do 18 de maio, día dos museos

Celebramos o Día Internacional dos Museos remarcando o carácter festivo deste día. Organízase nos soportais do museo unha actuación musical baseada no folclore popular galego, coa posibilidade de acompañamento de baile. Broche final do DIM'25, cunha actividade coa que festexar esta xornada desde a nosa cultura tradicional e coa nosa comunidade. 

O evento correrá da man da Agrupación Folklórica Aturuxo de A Coruña, da que formaron parte durante toda a súa traxectoria as Pandeireteiras de Mens (Malpica), homenaxeadas no Día das Letras Galegas. Entre o seu repertorio destacan diversas obras de gaita, tales como a Muiñeira de Lañas e pandeireta, destacando as pezas e bailes da zona de Santiago. 

Agrupación Folklórica Aturuxo

Soportais do museo

Todos os públicos