Skip to main content

Música coral

18 de maio - 19:00h Música coral Conmemoración do Día Internacional dos Museos 2024

O Museo das Peregrinacións e de Santiago presenta a súa programación para celebrar o Día Internacional dos Museos. O tema deste ano, «Museos para a educación e a investigación», pretende subliñar a importancia dos museos como institucións educativas dinámicas que fomentan a aprendizaxe, o descubrimento e a comprensión cultural. 

O obxectivo do Día Internacional dos Museos é sensibilizar o público sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos». 

Dentro da programación, ofrécese un concerto de música coral nos soportais do Museo, a cargo do coro infantil e xuvenil Cantabile.