Skip to main content

BOOKCROSSING 2023

21 de abril - 10:00h BOOKCROSSING 2023 Celebración do día do libro. 23 de abril

O Museo das Peregrinacións e de Santiago comenzará a mañá liberando libros nas rúas de Santiago. A biblioteca do museo participa novamente no bookcrossing organizado por Artium. Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, e con outras bibliotecas de museos e centros de arte de toda España puxéronse de acordo para encher de libros as cidades.

Facultades, estacións, mercados, parques... Vai atento, vai atenta, calquera lugar é válido para atopar algunha das nosas publicacións. Despois de lelos, poderás liberalos noutro lugar para que outras persoas gocen deles.