Skip to main content

Travesías: aventuras de libro

24 de marzo - 17:30h Travesías: aventuras de libro Espectáculo de narración oral con obxectos e monicreques

Ata hai pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa e case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. En cambio, neste espectáculo agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Contos que transmiten valores de igualdade, respecto e convivencia entre nenos e nenas e entre mulleres e homes.

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

Venres 24 de marzo ás 17:30

Familias con nenas e nenos a partir de 3 anos

Actividade gratuíta

Imprescindible reserva previa a través da web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros