Do 15 de outubro ao 17 de decembro do 2022 - 11:30h Museo en familia 2022 Obradoiros para familias no Museo das Peregrinacións e de Santiago

OUTUBRO
15/10/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Unha barca, un corvo, dúas viaxes»
Público recomendado: familias con crianzas de 5 a 12 anos
Neste obradoiro coñeceremos as dúas peregrinacións que son Patrimonio da Humanidadade a través dos seus selos: Camiño de Santiago e Kumano Kodo. Completarase o obradoiro cunha pequena visita á planta baixa do Museo das Peregrinacións e de Santiago onde veremos obxectos destas e doutras peregrinacións que existen no mundo.
Información sobre accesibilidade. Pictogramas elaborados con Cima/Allure
22/10/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Pinta o teu bordón peregrino»
Público recomendado: familias con crianzas de 4 a 10 anos
Nesta creativa actividade realizaremos unha panorámica da iconografía xacobea. Transmitirase aos participantes a relevancia dos símbolos máis característicos do Camiño de Santiago. Este obradoiro contará cunha gran sorpresa final.
NOVEMBRO
12/11/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Pai, fillo, nai»
Público recomendado: familias con crianzas de 1 a 7 anos
Achegamento á orixe do xogo medieval do «Alquerque de 3». Elaboración do taboleiro e das fichas. Realizaranse partidas entre as familias participantes.
19/11/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Misterio no museo»
Público recomendado: familias con crianzas de 8 a 13 anos
Cluedo en vivo no museo! Os participantes deberán resolver o misterio da vieira desaparecida.
26/11/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Materiais de Partida»
Público recomendado: familias con crianzas de 6 a 12 anos
A través das obras expostas no museo iremos coñecendo as materias primas coas que foron feitas. Ao longo do paseo iremos completando un caderno coas nosas observacións. Remataremos co achegamento físico a algúns deses materiais e mesmo poderemos tocalos, ben como elemento natural, ben como obxectos rematados.
DECEMBRO
03/12/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Misterio no museo»
Público recomendado: familias con crianzas de 8 a 13 anos
Cluedo en vivo no museo! Os participantes deberán resolver o misterio da vieira desaparecida.
17/12/2022 [sábado]
11:30 a 13:00: Obradoiro «Camiñando pola lenda»
Público recomendado: familias con crianzas de 3 a 13 anos
Nesta ocasión centrarémonos na máxica lenda da Translatio. Pequeno obradoiro interactivo para os máis cativos e cativas da casa na que profundaremos nesta narración que conta a chegada do Apóstolo e a fundación de Santiago.
17/12/2022 [sábado]
18:00 a 19:00: Teatro «Amigos, viaxes, lendas...»
Público recomendado: familias con crianzas de 3 a 13 anos
Cabaret familiar no que o público pode participar nas accións propostas polo mestre de cerimonias.
Incricións nas actividades
Chamando ao 881.867.401
Escribindo a reservas.mdperegrinacions@xunta.gal
Información importante: nome do neno/nena; idade; nome do responsable; correo electrónico e/ou teléfono de contacto; observacións.