Skip to main content

O Museo do Mar de Galicia estrea unha nova área de exposición permanente, "Camiños por mar a Compostela"

O Museo do Mar de Galicia estrea unha nova área de exposición permanente, "Camiños por mar a Compostela"

Lápida gravada medieval do antigo convento de San Domingos

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou o 30 de xullo “Camiños por mar a Compostela”, a nova proposta que se incorpora como exposición permanente ao Museo do Mar de Galicia. A través dela afóndase na importancia das peregrinacións marítimas e o fenómeno xacobeo.
 
Como expresou o titular de Cultura, é un proxecto froito do esforzo do equipo do centro museístico e da colaboración de distintas institucións e entidades coa intención de ofrecer  “unha nova proposta expositiva que reflicta a relación que une aos galegos co mar e os seus vínculos co Camiño de Santiago”. A mostra pasará a formar parte das exposicións permanentes que se poden visitar no museo, e súmase así á colección permanente, centrada na industria pesqueira galega.

Inclúe desde ánforas e aras da antigüidade prerrománica ata obxectos medievais e conxuntos barrocos, así como pezas procedentes de campañas arqueolóxicas. 

Incorpora fondos propios como a parte interior do castro de Punta do Muíño de Vento e a cheminea orixinal da antiga conserveira. Conta tamén, entre outros, coa colaboración do Museo das Peregrinacións e de Santiago, que aporta unha escultura do Apóstolo Santiago cos atributos de peregrino; o Museo Etnolóxico de Ribadavia colabora cunha lápida gravada medieval do antigo convento de San Domingos, e o Museo Arqueolóxico de Ourense cede temporalmente unha tampa sepulcral prerrománica, procedente de Ouvigo, Os Blancos.
 

Ligazóns