Skip to main content

Chacona. A Canción de Santiago

7 de xullo - 20:30h Chacona. A Canción de Santiago Concerto na Catedral de Santiago, inauguración da exposición do mesmo nome no Museo das Peregrinacións e de Santiago

O concerto enmárcase nos actos de inauguración da exposición do mesmo nome, que se presenta no Museo das Peregrinacións o 8 de xullo.

No concerto incluiranse as obras contidas no cd /catálogo que ilustrará e tamén formará parte da propia exposición: Chacona. A Canción de Santiago.

Partindo do canto Vox Nostra, do Códice Calixtino, orixe máis probable da chacona, e seguindo polo canto Sancte Jaco a Compostel, recollido polo peregrino ingles William Wey, a primeira chacona escrita e orixe das demais.

Ofrécese tamén unha grande mostra de obras de autores como José de Vaquedano, Diego de Muelas (mestres da Catedral de Santiago), e outros tan importantes como Claudio Monteverdi, Purcell e Haendel. Tamén obras de autores menos coñecidos, pero moi significativas e de grande orixinalidade, como a Ciaccona di Paradiso e Inferno, de temática compartida co Pórtico da Gloria.

No concerto realizaranse danzas devocionais seguindo as descricións do peregrino Domenico Laffi, da súa experiencia vivida na Catedral de Santiago en 1670.

Máis información na seguinte ligazón do Museo: https://bit.ly/3I7tFlw

Interpretación: Resonet. Dirección Fernando Reyes. Mercedes Hernández, soprano / David Sagastume, contratenor / Christian Losada, tenor / Andrew Robinson, barítono.

Colaboran: Escolanía da Catedral de Santiago.

Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia.

O traballo de RESONET e Fernando Reyes é avalado con numerosas, novidosas e frutíferas colaboracións no patrimonio relacionado con Compostela e os seus camiños dende o ano 1999 polo Museo das Peregrinacións e de Santiago.