Skip to main content

A arqitectura do Camiño

10 de xuño - 17:00h A arqitectura do Camiño Obradoiro infantil

Vinculado á actual exposición temporal “Santiago: peregrinación, cidade, escola”, este mes chega ao Museo Pedagóxico de Galicia un obradoiro no que os máis pequenos converteranse en auténticos construtores. A través do sistema Lupo interpretarán planos, traballarán en equipo e levantarán estruturas medievais coas que xogar e reflexionar sobre a arquitectura que se espallou en torno ao Camiño de Santiago.

A actividade é totalmente gratuíta pero require inscrición previa a través do formulario online que se pode atopar na web do museo: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros