Skip to main content

O eco das estrelas

2 de xuño - 20:00h O eco das estrelas Presentación do libro sobre música medieval no Camiño de Santiago

O xoves 2 de xuño preséntase no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago o libro “O eco das estrelas. Música medieval no Camiño de Santiago”.

Participan José M. Salgado, Francisco Singul, Mariña Arbor Aldea, Francisco Luengo e Pablo Quintana.

 

O libro, con textos dos anteriormente mencionados, é unha obra de referencia para a época medieval en xeral, e para a arte  románica e o Camiño de Santiago en particular.

Estruturada en catro capítulos, o primeiro “O ancián 23”, achega unha ollada sobre a construción do lintel do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

O segundo, “A imaxe da harmonía universal. Música, poesía e artes visuais en Galicia e no Camiño de Santiago (séculos  XII- XIII)”, introdúcese na difusión da música nos mosteiros, na escultura musical da arte románico, na figura do rei David e nos manuscritos que documentan a música deste período.

En “Poesía e música na Idade Media hispánica centro-occidental: un crisol de culturas tecido en cobras e sões” tras o contexto histórico, afóndase no mundo da lírica profana en galego, o mundo dos trobadores e os xograres, etc.

E no último  capitulo, “O mundo instrumental do Mestre Mateo”, faise unha análise da obra escultórica musical do Mestre Mateo, a súa escola e o estudo dos instrumentos representados.