Skip to main content

Obradoiro de fotografía

Do 20 de maio ao 21 de maio do 2022 - 16:00h Obradoiro de fotografía Sobre a exposición itinerante “Percorrer o tempo”.

Este obradoiro, no auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago, forma parte da programación cultural paralela á mostra itinerante “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño” organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación “la Caixa” que poderá ser visitada dende o 20 de maio na Cidade da Cultura.

Impartido polas fotógrafas Olivia Arthur e Carla Andrade, participantes na exposición itinerante, trátase dun obradoiro para as persoas interesadas na práctica fotográfica.

De prazas limitadas, é necesaria a solicitude previa na páxina web do museo.