Skip to main content

Peza do mes: manillas

Do 1 de abril ao 30 de abril do 2022 - 10:00h Peza do mes: manillas Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Manillas de bronce, atopadas nun pecio na baía de Baiona. Tratase dun tipo de brazalete africano utilizado no comercio colonial como moeda.

 

Son moi frecuentes en pecios que daten entre os séculos XVI ao XIX, o seu uso relacionábase coa compra-venta de escravos nas colonias por parte das potencias europeas. Segundo a forma dos remates dos extremos, pódese saber o lugar de fabricación: recto, acampanado, etc. Feitas en cobre ou bronce, metais considerados preciosos no continente africano.

 

Estes obxectos nacen como elementos de prestixio social e adorno persoal. Gracias á arqueoloxía, sabemos que xa se empregaban no século XIII, pero foi durante o colonialismo cando acadan se xeneralizan como forma de pago ante a indiferenza dos africanos por as moedas estranxeiras.

 

A partir do século XVI, os comerciantes europeos (Portugal, Inglaterra, Holanda, España, Francia) e do mundo árabe comezaron a utilizar estas manillas como diñeiro no mercado de escravos fixando o prezo nun número determinado. Por exemplo, un escravo en Nixeria valía entre oito e dez manillas.

 

Outra forma de moeda que complementaban o prezo eran as cunchas dos cauris (monetaria moneta), unha especie de pequeno caracol de mar. As cunchas eran a forma máis estendida de pago (en Oceanía, África e Asia) posto que como as moedas actuais, eran duradeiras, difíciles de falsificar e moi manexables.

 

Nalgúns países as manillas e os cauris son obxectos de adorno persoal de prestixio social e seguen empregándose para cerimonias importantes, como vodas ou bautizos. Tamén na cultura occidental, a xoiería mantén o deseño en pulseiras e os cauri ou as súas imitacións adornan complementos persoais.