O Museo do Mar acolleu as actividades da mostra itinerante “Percorrer o tempo”
A exposición permanecerá dous meses en Vigo.
Tras unha conferencia de presentación o día 18 de marzo, moderada polo comisario do proxecto, Nicolás Combarro, a Premio Nacional de Fotografía Cristina de Middel e a galega Bandia Ribeira ofreceron no Museo do Mar de Galicia o 19 e 20 de marzo un obradoiro para as persoas interesadas na práctica fotográfica.
Estas actividades forman parte da programación cultural paralela á mostra itinerante “Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño" organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación “la Caixa” , que se instalou na zona da Autoridade Portuaria de Vigo e que converte contedores de barco en salas de exhibición.
A iniciativa chega a Vigo este mes tras o seu paso pola Coruña, Lugo e Ourense, desde o pasado setembro. Posteriormente trasladarase a Santiago, onde rematará no mes de xullo.