Les gens du chemin. Peregrinación a Saintes Maries de la Mer
Exposición fotográfica de Olga Seone sobre as celebracións que teñen lugar cada ano arredor do santuario francés de Nôtre Dame de la Mer.
A mostra está composta por 40 imaxes, tomadas entre 2008 e 2012, coas que a artista achega o público aos milleiros de peregrinos procedentes de todo o mundo que visitan o templo francés para participar na festividade na honra ás saintes Maries e tamén para renderlle culto a santa Sara Kali, a virxe negra.
A autora deste proxecto leva varios anos asistindo a estas peregrinacións e recompilando material fotográfico sobre este ritual.