Skip to main content

Un obxecto, unha historia invisible

Esta mostra quere contextualizar no mundo naval, un obxecto da práctica médica como é un completo maletín de cirurxián e de todo o seu contido, perfectamente conservado. 

As especiais circunstancias da vida a bordo das embarcacións que facían longas travesías, especialmente nas que participaban en enfrontamentos bélicos, fixeron necesario contar con persoal e equipamento mínimo para atender aos enfermos e feridos. Este maletín, e o seu magnífico estado de conservación, conta esa historia.

Máis información, xunto cun vídeo explicativo, nesta ligazón do Museo.