Skip to main content

Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán

A exposición "Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán" recolle unha selección de gravados composteláns dos séculos XVII e XVIII, abertos por afamados gravadores locais e foráneos, utilizados polas tipografías compostelás, co denominador común de que aparezan os símbolos xacobeos ou a imaxe de Santiago, para atender unha tripla demanda: Universidade (follas de grao), cabido (compostelás e diferentes documentos relacionados co culto xacobeo) e estampas de finalidade relixiosa destinadas á devoción popular.

A mostra reúne e ordena unha selección destas ilustracións, recreando un escenario mudable, ilusorio, conforme á sensibilidade e a teatralidade propia do Barroco, no que cada un dos compoñentes traduce o carácter persuasivo desta cultura, pensada para servir as diferentes mensaxes en torno ao apóstolo.

Estará aberta ao público desde o 23 de setembro de 2021 ata o 16 de xaneiro de 2022 na Sala de Afundación (Praza maior nº 4, Ourense).