Skip to main content

Aberta todo o ano A pesca fluvial a través da colección do Museo Etnolóxico

Peza da exposición

A evolución deste tipo de pesca, a que se leva a cabo nos ríos, analízase nesta exposición a través de dúas variables que se entrecruzan: os cambios que levan da pesca fluvial como actividade económica complementaria ata a pesca entendida como manifestación cultural.

O  discurso constrúese con obxectos, fotografías e textos, articulado en “artes naseiras” (as máis antigas), “artes redeiras” (as de máis capacidade extractiva), as “embarcacións” e “as artes de liña” (a pesca con cana).

Comisario: Víctor Manuel Castro Carballal

Coordinador: César Llana Rodríguez

Restauradoras: María José Ruíz Vázquez e Sara Costa Muñoz

Bibliotecaria: Rosa Lamas Casado

Deseño e montaxe: Copias de Autor