Skip to main content

Preséntase o libro “Museo aberto: saltando valados”

Preséntase o libro “Museo aberto: saltando valados”

O Museo Etnolóxico de Ribadavia presentou o día 23 deste mes no Museo das Peregrinacións e de Santiago a obra Museo aberto: saltando valados. Esta publicación trilingüe (galego, castelán e inglés) recolle a análise do programa Museo aberto, no que se traballou con tres colectivos diferentes en tres proxectos: "Lembrar no museo", coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor); "Museo no cárcere", con persoas presas do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar; e "Vémonos no espello", coa Cruz Vermella O Ribeiro (Ribadavia).

Esta edición xa fora presentada en abril no propio Museo Etnolóxico de Ribadavia, como adianto á celebración do Día Internacional do Libro, nun acto que incluíu unha mesa redonda con profesionais que analizaron a experiencia da devandita institución cos tres colectivos.