Ir o contido principal

Museo Etnográfico e da Historia de San Paio de Narla

Museo Etnográfico e da Historia de San Paio de Narla

O museo

A Fortaleza de San Paio de Narla foi adquirida pola Deputación Provincial de Lugo no ano 1939 e no ano 1983 convértea en museo histórico e etnográfico, trasladando a ela boa parte das coleccións etnográficas do Museo de Lugo.

A fortaleza foi derruída nas revoltas dos irmandiños do século XV e reconstruída no século seguinte, polo que o actual edificio é obra dos séculos XVI e XVII, fundamentalmente. Ten un corpo central flanqueado pola torre da Homenaxe e por un gran torreón.

A planta baixa formada polo patio, as cortes e a adega, acolle unha colección de útiles de traballos agrícolas, diversos obxectos de equitación e ferramentas para o tecido da la e o liño. A planta primeira componse dunha cociña, un salón e outras estancias nas que podemos ver obxectos artísticos, mobiliario e enxoval doméstico. Desde a última planta, onde destaca unha cheminea renacentista, pódese acceder ao almeado e contemplar o contorno da fortaleza.

A capela, do século XVIII, separada do edificio principal, ten planta cadrada con tellado a catro augas. Destaca no seu interior un retablo do século XIX.

http://www.museolugo.org

Torre de Xiá, Narla
27226 , Friol

Tlf. 982375156
sanpaiodenarla@museolugo.org

Horario

Outubro a marzo:
Martes a venres de 11 a 14 h. e de 16 a 18 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12 a 14 h. e de 16 a 18 h.
Abril a setembro:
Martes a venres de 11 a 14 h. e de 17 a 20 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12 a 14 h. e de 17 a 20 h.
Pechado os luns e os días 1 de xaneiro, martes de entroido, 22 de maio e 24, 25 e 31 de decembro


Tarifas

Entrada gratuíta