Ir o contido principal

Museo Etnográfico 'Olimpio Liste'

Museo Etnográfico 'Olimpio Liste'

O museo

Situado preto do Real Mosteiro de Oseira, do século XII, o Museo Etnográfico Liste foi inaugurado no ano 1972. Na actualidade conta cun fondo dunhas 10.000 pezas e unhas 12.000 obras en hemeroteca.

O seu contido está dedicado á cultura popular galega e as pezas que contén foron recollidas dende 1965 ata a actualidade en todo o territorio galego e especialmente na comarca.

A visita ao museo supón un percorrido detallado por catro aspectos fundamentais da cultura tradicional do Concello de Cea: traballo agrícola; oficios tradicionais (represéntanse nas salas máis de corenta actividades tradicionais); obxectos de carácter singular na vida rural galega e a exclaustración monacal.

Praza do Mosteiro
32136 , San Cristovo de Cea

Tlf. 986852789
Fax 988301620

Horario

Pechado ao público temporalmente