28 de febreiro do 2020 Presentación pública do catálogo da colección Abrente do Museo Etnolóxico de Ribadavia

Museo Etnolóxico de Ribadavia

O 21 de febreiro tivo lugar no Museo Etnolóxico de Ribadavia a presentación do catálogo Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos 70. O acto contou coa presenza de Sabela Fraga Costa, comisaria e autora dos textos, e Juan Venditti, deseñador do catálogo.

Ademais, ese día inaugurouse a segunda fase da exposición desta agrupación cultural, cuxa colección contén 58 obras dun total de 29 autores.

Abrente foi una asociación cultural que desenvolveu en Ribadavia unha intensa actividade cultural na segunda metade do século pasado. Esta asociación dispoñía dunha razoable colección de arte procedente da doazón de obra que lle facían os artistas para contribuír co importe da súa venda ao financiamento das actividades da asociación, ou simplemente para decorar a súa sede social.

No momento da súa disolución tomaron o acordo de depositar tanto o seu arquivo como a obra plástica no entón Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia, hoxe Museo Etnolóxico. Isto tivo lugar no ano 1986 e dende entón esta colección non fora mostrada, polo que, ao cumprirse o 50 aniversario da fundación de Abrente, decidiuse expoñer estes bens como homenaxe a esta asociación e para gozo da cidadanía en xeral.

Galería

  • Segunda fase da exposición