5 de agosto do 2020 Presentación do libro “As arquitecturas históricas do viño”

Museo do Viño de Galicia

Presentado no Museo do Viño de Galicia, que celebra con esta publicación o seu primeiro ano de existencia.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo, acompañado do director do Museo do Viño de Galicia, César Llana, presentou onte, 5 de agosto, o libro “As arquitecturas históricas do viño”.

Trátase da primeira publicación desta institución cando se cumpre un ano da súa inauguración, e, completamente relacionado coa temática vertebradora do Museo, recolle historia, características e ubicación de 65 granxas e adegas centenarias na comarca do Ribeiro. O libro, coordinado por Xosé Luis Sobrado, é o resultado do traballo conxunto con Juan José Álvarez González, Jorge Lamas Bértolo, Diego Reboredo Prado e Susana Baños González.

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo, felicitou ao Museo do Viño de Galicia por esta a súa primeira publicación, que coincide co seu primeiro ano de funcionamento. “Parabéns aos autores”, dixo, “ e aos responsables deste museo, chamado a ser o punto de encontro de todas as denominacións de orixe de Galicia”.

Pola súa banda , o director do Museo do Viño de Galicia, César Llana, agradeceu o esforzo investigador e meticuloso traballo dos autores, que permitirá conservar estas instalacións e mesmo crear novas iniciativas culturais en torno delas.

Galería

  • Presentación do libro “As arquitecturas históricas do viño”