Ir o contido principal

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca un proceso selectivo para o corpo facultativo de conservadores de Museos

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vén de convocar un proceso selectivo para cubrir 31 prazas do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos, Código 0305, polo sistema de ingreso libre e 4 prazas polo sistema de promoción interna das comprendidas nos anexos I e VII do Real Decreto 105/2016, do 18 de marzo, nos Ministerios de Educación, Cultura e Deporte e Defensa.

As prazas correspondentes ao sistema de ingreso libre son para a súa cobertura no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e no Ministerio de Defensa.

As persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou Grao ou ter cumpridas as condicións para obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Pode obterse toda a información consultando a resolución publicada no BOE o xoves 30 de marzo de 2017.