12 de maio do 2021 Comeza a celebración do Día Internacional dos Museos 2021

Os museos empezan a celebración desta sinalada data. Tras a dificultade que supuxo o ano pasado por mor do confinamento, este ano, ademais de polas redes sociais, tamén poderán desfrutarse algunhas actividades de xeito presencial, respectando sempre as medidas establecidas polas autoridades sanitarias en canto a aforamento e medidas hixiénicas.

O ano 2020, coa crise da COVID-19, foi o catalizador para innovacións cruciais que xa estaban en marcha, en particular, cara á dixitalización e o uso de novas formas de difusión cultural.

De acordo con isto, o lema do ICOM para a conmemoración do Día Internacional dos Museos de 2021 é O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar. Os museos, os/as seus/súas profesionais e a comunidade están invitados a crear, imaxinar e compartir solucións para os retos que se presentan.

Como exemplo, no Facebook do Museo das Peregrinacións e de Santiago teñen xa todas as propostas para os vindeiros días, que tamén se poden consultar nesta ligazón da súa web.