This content requires HTML5 & Javascript or Adobe Flash Player Version 9 or higher.
Pechar

Maqueta de barco baleeiro

A chegada do vapor e o canón baleeiro rematou coa época dos botes a remo e o arpón lanzado a man. Os barcos baleeiros de vapor perviviron ata mediados dos 80 grazas a que as súas máquinas de vapor eran moi silenciosas e trepidaban menos que as diesel. Esta reprodución é do tipo dos que navegaron en Galicia ata que a moratoria da caza de baleas entrou en vigor en 1986.

Dimensións:
  
Material/soporte:
 Madeira e metal 
Contexto cultural:
 Contemporánea. 2011 
Autoría:
 José Francisco Rodríguez Fernández