Pistola con baioneta.
Estas pistolas incorporan unha pequena baioneta que se desprega para utilizala durante os enfrontamentos corpo a corpo nas abordaxes. A baioneta, de pequenas dimensións, debía cravarse nun ollo ou no corazón do contrincante para causar un dano inmediato. Este modelo foi empregado na Batalla de Trafalgar e trátase polo tanto dunha arma anterior ás décadas de 1820-30 cando se produce un cambio substancial no armamento.