Cadro de Urbano Lugrís

Cadro de Urbano Lugrís

Escena nas profundidades mariñas.

Unha das seis pinturas de gran formato realizadas polo autor na década de 1940 para decorar o comedor das empregadas da fábrica. A vinculación de Lugrís con Bueu remóntase a 1944, cando por convite da familia Massó comeza a traballar en varios encargos. Desta época, ademais do comedor da fábrica, o pintor realiza os bosquexos para a Capela dos Santos Reis, tamén depositados neste museo.

 

Dimensións:
396 x 135 cm.
Material/soporte:
Pigmentos á auga sobre lenzo
Contexto cultural:
Contemporánea. 1948 ca.
Autoría:
Urbano Lugrís (1908-1973)