Marina

Marina

Foi a embarcación de pesca tradicional máis representativa da costa occidental galega. Coñecida como lancha de relinga, polo tipo de vela, ou como lancha xeiteira, faenaba coa arte ou rede do xeito para a pesca da sardiña. Alcanzou a súa época de esplendor a finais do século XIX ata desaparecer sobre 1960. A Marina foi construída nun estaleiro de Caldebarcos (Carnota, A Coruña) e no pecio recuperado aínda pódese apreciar o intento de incorporar un motor.

Dimensións:
178 x 370 x 730 cm.
Material/soporte:
Madeira de carballo e piñeiro / Carpintaría de ribeira
Contexto cultural:
Contemporánea. 1943
Autoría:
Francisco Lado Piñeiro y Manuel Lado Chouso