Cronómetro mariño

Mecanismo de medición en caixa de madeira.

A observación dos astros para coñecer a posición do barco require coñecer con precisión a hora exacta en que se realiza. O reloxo de John Harrison resolveu os problemas do cálculo da lonxitude e a súa simplificación en 1878 dará lugar ao cronometro mariño, un reloxo de precisión portátil apto para levar a bordo.

 

Dimensións:
11 x 15 x 29 cm.
Material/soporte:
Madeira, bronce, vidro, papel
Contexto cultural:
Contemporánea (1839-1851)
Autoría:
Rich Homby (Liverpool)