Caixón de medida para a descarga do peixe
Pechar

Caixón de medida para a descarga do peixe

Os caixóns para a descarga de peixe do barco á fábrica tiñan unha capacidade establecida. Por cada caixón de sardiña entregábase unha tarxeta acuñada pola fábrica que logo se cambiaba por diñeiro. Este traballo era desempeñado por homes e nenos, mentres que o transporte do peixe para a venda nas cestas (patelas) era realizado por mulleres.

Dimensións:
38 x 38 x 38 cm. 
Material/soporte:
Madeira/ Carpintería 
Contexto cultural:
Contemporánea (ca. 1950) 
Autoría:
Carpintaría da Fábrica Massó Hermanos S.A.