Fotografía de grupo. Ribadavia

Fotografía de grupo. Ribadavia

No exterior, diante da Porta Nova, en Ribadavia, fotográfanse os asistentes á unha voda.

A representación dun acto social ou unha festa coma é o caso, serve de documentación dun momento de celebración de eventos persoais ou familiares que supoñen unha ruptura na cotidianeidade do traballo. Ao mesmo tempo permite coñecer numerosos aspectos da sociedade. O arquivo fotográfico Chao –propiedade da Xunta de Galicia e depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia- é unha mostra documental de Ribadavia e os seus habitantes ao longo dun século. Dende que en 1907 Luis Chao se fixera cargo do estudio fotográfico ata o 2005, distintas xeracións desta familia se sucederon. A súa prolongada actividade confire a este arquivo un interese extraordinario para a antropoloxía e a historia: persoas e acontecementos de todo un século que quedaron recollidas nunha fotografía, moitas veces ambulante, con retratos ao aire libre, interiores de traballo ou interiores domésticos.

Dimensións:
13 x 18 cm
Material/soporte:
Vidro / bromuro de prata sobre xelatina
Contexto cultural:
s.d. Idade contemporánea
Autoría:
Foto Chao. Ribadavia