Grupo nun interior. Curso de enoloxía

Grupo nun interior. Curso de enoloxía

Vista xeral dun aula do Grupo Escolar de Ribadavia no que se está a celebrar un «Cursiño Intensivo de Viticultura e Enoloxía», que tiña sido organizado pola «Estación de Ampelogía y Enología Central».

O «Cursillo Intensivo de Viticultura y Enología», organizado pola «Estación de Ampelogía y Enología Central», tivo lugar en Ribadavia os días 10 ao 16 de xullo de 1933. Os esforzos realizados nos anos da II República a prol da mellora da cualificación da produción de viños no Ribeiro incluíu un curso en Ribadavia impartido por persoal da Estación de Ampelogía e Enoloxía Central. Como se ve na imaxe, unicamente asistiron homes; a muller aínda tiña que esperar para acceder ao coñecemento científico na Enoloxía.

Dimensións:
13 x 18 cm
Material/soporte:
Vidro / bromuro de prata sobre xelatina
Contexto cultural:
1933
Autoría:
Foto Chao. Ribadavia