Cruz procesional

Cruz procesional de prata con alma de madeira. É de configuración latina abreviada, brazos rectos con expansións cuadrilobuladas e remates trebolados conopiais. Os campos da cruz cóbrense completamente por unha profusa ornamentación fitomorfa estilizada e zoomorfa con animais fabulosos e o seu perímetro aparece delimitado por unha cestería calada. No anverso aparece a figura de Cristo morto e nos medallóns tres dos evanxelistas e unha figura de varón sedente. No reverso consérvase unha representación de Santiago entronizado con indumentaria de peregrino e nos medallóns, representacións de evanxelistas, a Virxe Adán saíndo da tumba. Todas as figuracións aplicadas están realizadas en prata dourada.

É salientar nesta interesante cruz a representación da figura do apóstolo Santiago en Maxestade que aparece no cuadrón do reverso. Enriquecida con atributos propios do peregrino: escarcela, botas, bordón e sombreiro lucindo unha vieira, segue conservando os propios da súa condición de apóstolo: manto e túnica así como o libro da mensaxe evanxélica. Hai que sinalar que a colocación dos distintos medallóns puido ser alterada pois apréciase algunha incongruencia na orde actual. Onda elementos de clara tradición gótica, a decoración italianizante da cruz a base de candelieri mostra a súa clara vinculación con traballos renacentistas que se situarían no 2º 1/3 do s. XVI.

Dimensións:
88 x 54,40 x 2,70 cm.
Material/soporte:
Prata
Contexto cultural:
Renacemento ( 2º 1/3 s. XVI)
Autoría:
Anónimo (taller español)