Portapaz

Portapaz constituído por unha placa de acibeche embutida nun corpo de prata sobredourada que adopta forma de capela con pilastras laterais decoradas con puntillado e rematadas en senllos pináculos. O borde superior remátase en forma de piñón con crestería e coróase cunha cruz latina. Polo reverso dispón dunha asa en forma de “S” para poder ser ofrecido aos fieis para bicalo. A placa de acibeche presenta, en baixorrelevo, a imaxe da Virxe do Pilar coroada sobre a columna, sostendo ao Niño en brazos e a cada lado un anxo coas alas despregadas sostendo o seu correspondente cirio.

A confección de pezas nas que o acibeche se combina coa prata é bastante frecuente na Idade Media e con posterioridade. En moitos casos é a maneira de facer funcional unha peza que, doutro xeito sería extremadamente fráxil. A produción de portapaces increméntase notablemente a partir dos séculos XVI e XVII para desaparecer a finais do XIX ou principios do XX por razóns, entre outras, de hixiene. O tipo máis estendido ofrece forma de pequeno retablo e acostumaban ausárense por parellas, un para dar a bicar ás mulleres, que solía ter unha representación feminina, e outro para os homes, cunha representación masculina. Os portapaces de acibeche usábanse preferentemente para celebracións de Semana Santa ou en períodos de entredito.

Dimensións:
15,60 x 9 x 5,50 cm.
Material/soporte:
Prata e acibeche
Contexto cultural:
Gótico (1500-1525)
Autoría:
Anónimo. Taller compostelán