Minerva

A deusa da vitoria, protectora dos artesáns e que encarna a prudencia e a sabedoría, está representada de pé, viste un manto suxeito por unha fíbula e por baixo deste, un peplos que a cubre case na súa totalidade. Leva a éxida (especie de coiraza feita cona pel dun animal) adornada na parte frontal coa cabeza da Gorgona e na parte posterior con serpes que caen sobre as súas costas. A cabeza vai tocada cun casco rematado nunha esfinxe. Coa man dereita sostén unha pátera e a esquerda suxeitaría unha lanza hoxe desaparecida.

Achada cara a 1930 en Ínsua, Sobrado dos Monxes (A Coruña), lugar próximo ao campamento romano de Cidadela correspondente á Cohors I Celtiberorum (ver Cat. Exposición: Los bronces romanos en España, 1990, Madrid, p. 243.) A escultura en bronce na Galicia romana está ligada os gustos da arte oficial, contén elementos de carácter cultual relacionados con divinidades e coa mitoloxía grecorromana. As iconografías, formas e decoracións uniformizan esta manifestación artística coa doutras zonas peninsulares e demais provincias do Imperio.

Dimensións:
18,8 x 11,6 x 6 cm.
Material/soporte:
Bronce / Fundición á cera perdida
Contexto cultural:
Galaico-romano / 50[ca] – 200 [ca] d C
Autoría: