Mambrú

Figura de Mambrú. Denomínase así en Galicia ás xerras de Sargadelos que adoptan a figura dun home sentado nunha cadeira de brazos, coas mans sobre os xeonllos e xeralmente vestido con levita azul ultramar, chaleco amarelo, calzas brancas e pantalón, zapatos e tricornio negros. A asa de suxeición está na parte posterior.

Este tipo de xerra é unha adaptación da figura de louza inglesa (o Toby Jug) atribuída a Ralph Wood de Staffordshire. O termo Mambrú é a posible transformación fonética do apelido do famoso general inglés Duque de Marlborough. A denominada Terceira Época de Sargadelos corresponde á etapa de maior produción da Fábrica. As factorías réndanse a Luis de la Riva y Cia. (sociedade de comerciantes de Santiago, Carril, A Coruña e Madrid).

Dimensións:
32,5 x 16 x 22 cm
Material/soporte:
Louza / Moldeado. Vidrado. Pintado a man
Contexto cultural:
Idade Contemporánea / (1845-1862) Terceira Época
Autoría:
Real Fábrica de Sargadelos