16 maravedís

16 maravedís

ANVERSO: PHILIPPVS (roseta) IIII (roseta) D (roseta) G (roseta). Busto de Filipe IV á dereita. REVERSO: HISPANIARVM REX 1664. Escudo coroado: Arriba, á dereita Castela e León, á esquerda Aragón e Sicilia-Nápoles; no centro, á dereita, Austria, á esquerda Borgoña; arriba, escudo pequeno, Portugal; á esquerda, ·(venera) / R· (marcas da ceca de Coruña e do ensaiador) , á dereita, ·16 · (marca de valor). CANTO: Liso

Este tipo de moeda foi denominada popularmente “carilla” debido a que, na emisión á que pertence, é característica a aparición do retrato de Filipe IV nos anversos das moedas.

Dimensións:
26 mm / 4,12 gr
Material/soporte:
Vellón / cuñación mecánica
Contexto cultural:
Monarquía hispánica. Filipe IV / 1664
Autoría:
Ceca da Coruña