Gabinete do coleccionista

Gabinete do coleccionista

Interior dunha habitación onde se dispoñen un gran número de obras de arte. Nas paredes obras pictóricas, e situados sobre elas, o chan e as repisas da sala, esculturas e outros ornamentos. Á dereita ábrese outra sala de características semellantes, onde dúas figuras sentadas a redor unha mesa na que hai diversos alimentos, conversan diante dun cadro que sosteñen entre as mans.

En Flandes, e concretamente en Amberes, xorde a principios do século XVII un novo xénero de pintura que reflectirá o fenómeno do coleccionismo privado: a pintura de gabinetes, na que se representan salas decoradas con cadros, estatuas e obxectos que se atesouran pola súa antigüidade, curiosidade ou rareza. Considérase a Frans Franken II e a Jan Brueghel o Vello (Brueghel de Velours) como os creadores deste xénero que adoitaba constituír unha exaltación da arte da pintura, dos seus creadores e admiradores. Este óleo de Frans Francken é unha exaltación das Belas Artes en xeral, e da pintura en particular, que destaca como protagonista da colección que se amosa.

Dimensións:
58,5 x 87,5 cm
Material/soporte:
Óleo sobre táboa
Contexto cultural:
Barroco / 1630[ca]
Autoría:
FRANCKEN II, Frans (1581-1642)