Filliña

Nena galega axeonllada que viste blusa de manga curta, corpiño, faldra, mandil, pano na cabeza e zocos. Está ofrendando dous xerros de Sargadelos dos chamados de cinco dedos e se sitúa ao pé do -ramo- das tradicións populares galegas, representado pola imaxe dunha Virxe Inmaculada rodeada de flores, que era custodiada por quenda entre os fregueses.

Esta obra, que figurou na Exposición Nacional de 1948, responde ao primitivismo de Asorey . Nela destaca a revalorización dun material tradicional da escultura galega como é a madeira policromada e a iconografía de tipos galegos. A obra garda unha estreita relación coas tallas policromadas dos anos vinte, que teñen como motivo a muller galega, e supón ademais a recuperación de valores relixiosos fondamente arraigados na cultura autóctona.

Dimensións:
85 x 53,5 x 69 cm
Material/soporte:
Talla en madeira
Contexto cultural:
Idade Contemporánea. Rexionalismo / 1949
Autoría:
ASOREY, Francisco (1989-1961)