Anforeta

Anforeta

Recipiente para conter aceite e vinagre.

Recollida por un pesqueiro nun lance de pesca entre Monteferro (Nigrán) e San Martiño (Cíes) no ano 2013. Estes envases globulares, coas súas características acanaladuras horizontais, son característicos sobre todo do comercio de indias e fabricáronse a milleiros para conter sobre todo viño, aceites e vinagres e nalgún caso tamén se empregaron para transportar froitos secos. As medidas oscilaban entre os 6,5 l e os 16, dende a media arroba até case as dúas. En moitos casos aparecen con selos de propiedade para identificalas no porto de destino. A produción de anforetas fíxose ininterrompidamente dende o século XVI ate o XVIII, facéndose mais fusiforme co discorrer dos séculos.

Dimensións:
31 x 22 cm
Material/soporte:
Cerámica
Contexto cultural:
Século XVI
Autoría:
Descoñecido. Sevilla