Esqueleto de cachalote

Esqueleto de cachalote

O día 3 de marzo de 2003 varou na praia de Montalvo, Sanxenxo, unha femia de cachalote (Physeter macrocephalus) de 10 metros de lonxitude e 20 toneladas de peso, quedando provisionalmente a súa custodia baixo a dirección da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Posteriormente, iníciase o proceso de enterramento (dispúxose un sarcófago específico con area controlado durante 33 meses polo grupo de traballo de CEMMA da zona norte, en dependencias da Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol), limpeza (desenterrado, retíranse os restos orgánicos e inorgánicos das pezas óseas por medio dun varrido non abrasivo), desengraxado (tratamento individualizado de cada unha das pezas con produtos químicos, ós que se lle engaden aditivos para o branqueado), consolidación (fase que permite fortalecer o tecido óseo), restauración e, finalmente, montaxe (todas as pezas foron unidas por medio dun complexo sistema de tradeado, soldadura e ensamblado). Este último realizouse, en parte, no seu emprazamento definitivo, o Centro de Interpretación das Telleiras, en Sanxenxo. Alí permaneceu ata que chegou á súa ubicación actual no Museo do Mar de Galicia.

Dimensións:
1.000 cm
Material/soporte:
Óso
Contexto cultural:
Século XXI
Autoría:
-