Bitácora de iate con compás

Bitácora de iate con compás

Trátase dun compás náutico montada nun armazón con suspensión Cardán para manter a horizontalidade e evitar os balanceos do barco.

Componse dunha estrutura cónica coa base circular formada por cinco pezas. A parte inferior leva no interior un compás no que se pode ver un nº de serie: 3376; enriba leva unha estrutura piramidal formada por vidros que van ensamblados nunha armazón de aceiro. Remata esta parte superior unha peza cilíndrica que ten un oco por onde se colocaba a luz. Por riba do conxunto leva outra peza de forma cónica cun oco na parte superior para que deixe paso a anterior peza cilíndrica e consta dunha apertura nun lateral que ten pestanas móbiles que permiten observar o compás.

Dimensións:
30 x 23 cm
Material/soporte:
Latón, aceiro e vidro
Contexto cultural:
Primeiro cuarto do século XX
Autoría:
KELVIN AND WILFRID O. WHITE. Boston, EE.UU