Cartilla de escolaridade

Folleto de papel imprimido, agrupado en catro cadernos máis unha cuberta en cor en papel de gran máis groso, unidos con dúas grampas no lombo.

Trátase dun documento no que constaba a vida escolar do alumnado, curso a curso, vixente para todas as escolas primarias dende a Orde Ministerial de 1 de xuño de 1954, e ata a aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970. En canto á súa estrutura, contaba cun espazo para a filiación do alumno, páxinas para as puntuacións trimestrais, con casas para a media anual, liñas para firma do mestre e titor.

Dimensións:
15 x 10 cms
Material/soporte:
Papel / Offset
Contexto cultural:
1962-1963
Autoría:
Dirección Xeral de Ensino Primario. Ministerio de Educación Nacional.