Semisses

Semis de Fausta (307-326 d.C.) Anverso (foto): Cabeza mirando á dereita, pelo enrolado nun moño, dentro dunha gráfila de puntos, coa lenda FI AV FAVSTA AVG. Reverso: Figura feminina -Fausta- sostendo a dous nenos, dentro da gráfila de puntos, coa lenda SPES REI PVBLICA. Semis de Maximino Daza (309-313 d.C.). Anverso: Busto mirando á dereita con diadema e togado, coa lenda GAL VAL MAXIMINVS NOBIL C. Reverso (foto): Figura que sostén pátera e cornucopia; no campo, estrela á esquerda e na dereita un A; lenda GENIO POPVLI ROMANI.

Os semisses eran moedas acuñadas en bronce e que en orixe equivalían a medio as; son características do Baixo Imperio, a partir da reforma monetaria de Diocleciano do ano 294 e son moi numerosas entre os achados monetarios do Castro de Viladonga. O anverso representado corresponde a unha acuñación de Fausta, muller do emperador Constantino I, feita entre os anos 324 e 325. O reverso do bronce de Maximino Daza foi acuñado entre 309 e 313. 

Dimensións:
1’90 (Ø máx.).  2’22 gr. // 2’77 (Ø máx.). 11’10 gr.
Material/soporte:
Bronce
Contexto cultural:
Romana
Autoría: