Oliña de cerámica de seis asas

Oliña de cerámica de forma globular pero achatada, con seis asas de sección circular equidistantes e situadas no medio da parede. Feita a man e de pasta de cor ocre, moi ruín e irregular; ennegrecida nalgunhas zonas.

Este recipiente (reconstruído case totalmente, agás no borde), ten unha aparencia moi ruín e primitiva e resulta moi singular e orixinal polas seis asas que leva polo exterior, dándolle un perfil moi orixinal. O feito de que estea ennegrecida nalgunhas zonas e a súa propia forma poden indicar tanto un uso doméstico (quizais como lámpada ou candil) como, moi posiblemente, artesanal, a xeito de crisol, ó terse atopado ademais nun contexto arqueolóxico que puidera corresponder a un obradoiro metalúrxico no barrio SE da croa.

Dimensións:
9’4 x 8 (Ø boca)
Material/soporte:
Cerámica
Contexto cultural:
Castrexa e galaico-romana
Autoría: