Aplique con cara humana

Aplique case cadrado con dous lados irregulares por perda de materia e cun burato no ángulo superior esquerdo. Ten como figuración unha cabeza ou cara humana de forma triangular e con ollos e nariz moi esquemáticos, e leva dous círculos incisos nos ángulos inferiores. Advírtese unha finísima incisión ó redor da cara como querendo representar un motivo solar.

Este broche ou aplique é a única representación dunha cabeza con cara humana achada ata agora neste Castro. Aínda que nos xacementos castrexos e romanos do NO son relativamente abundantes os achados de broches e apliques para pezas da vestimenta ou incluso para o mobiliario, na maioría dos casos teñen unha decoración sinxela ou de carácter xeométrico ou ben, se é figurado, con temas vexetais ou animais, pero é máis raro o caso desta peza, moi singular pola cara humana que representa no seu anverso, con trazos que lembran as cabezas castrexas en pedra, completada aquí cuns levísimos trazos incisos que parecen saír da cabeza en forma de estrela ou raios solares.

Dimensións:
2’9 x 3’3 x 0’7
Material/soporte:
Bronce
Contexto cultural:
Castrexa e Galaico-romana
Autoría: