Sulfatadora de albarda
Pechar

Sulfatadora de albarda

Aparato deseñado pola casa barcelonesa Casellas para aplicar por pulverización o caldo bordelés ou sulfato (mestura de sulfato de cobre e dióxido de cal con auga). O preparado, co que se combate o mildio, introdúcese nos depósitos mediante unha bomba de carga.

Carece dos portalanzas que posibilitaban o automatismo da máquina, que nun principio precisaba do único auxilio da persoa que guía ao équido. A súa ausencia pode deberse a unha intervención dos propietarios, para adaptar o uso da sulfatadora a un marco de plantación ou sistema de condución particular. Esta peza requiriría a participación de tres operarios: un para “chamar” pola cabalería e dous para manipular as lanzas.

Dimensións:
 
Material/soporte:
 
Contexto cultural:
 
Autoría: