Ola do sulfato

Ola do sulfato

Recipiente empregado para levar o caldo bordelés (sulfato) ata as viñas e aplicalo coa axuda dunha vasoira feita de xestas ou similar, mollándoa na ola e esparexéndoa sobre as follas. É a modalidade de aplicación máis rudimentaria, sendo estes recipientes adquiridos de xeito específico para esta tarefa.

Pola forma, cor do barro, vidrado e ondas nas paredes, pertence ás producións antigas de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo, Ourense), presentando unha asa suplementaria de arame e goma.