O xeito máis habitual de comezar a elaborar viño nas adegas que carecían de lagares era empregar as cubas, abertas por riba para encaixar a moxega onde se pisaban as uvas, e á que o carrexón accedía por medio dunha escada.
Os pisóns dentro da moxega reciben e esmagan a carga de uvas.
As estrulladoras empréganse para romper as uvas e extraer o mosto, facendo innecesario o traballo dos pisóns.